As Escolas Deportivas pechan trimestre con xornadas de portas abertas

Neste mes de decembro, coincidindo co remate do primeiro trimestre de curso, as Escolas Deportivas Municipais contarán cunha xornada de portas abertas para que familiares e persoas achegadas das nenas e nenos participantes poidan acceder ás instalacións e ver como se desenvolven os vinte últimos minutos de clase.

As datas, lugares e horas das xornadas de portas abertas son as seguintes:

  • XOVES 8 DE DECEMBRO: XADREZ EN URDILDE

Local da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde de 12.30 h a 13.30 h.

  • MÉRCORES 14 DE DECEMBRO: XIMNASIA RÍTMICA EN ROIS

Pavillón polideportivo de Rois. Acceso do grupo A ás 17.25 h e do grupo B ás 18.25 h.

  • XOVES 15 DE DECEMBRO: TENIS EN ROIS

Pavillón polideportivo de Rois. Acceso do grupo A ás 15.40 h e do grupo B ás 16.40 h.

  • VENRES 16 DE DECEMBRO: BALONCESTO EN ROIS

Pavillón polideportivo municipal de Rois. Acceso ás 15.25 h.

  • LUNS 19 DE DECEMBRO: TENIS EN URDILDE

Pavillón polideportivo municipal de Urdilde. Acceso ás 16.10 h.

  • MARTES 20 DE DECEMBRO: PATINAXE ARTÍSTICA EN ROIS E URDILDE

Pavillón polideportivo municipal de Rois. Acceso ás 15.40 h.

Pavillón polideportivo municipal de Urdilde. Acceso ás 16.10 h.

  • XOVES 22 DE DECEMBRO: JUDO EN URDILDE E ROIS

Ximnasio do CEIP O Pumar-Urdilde. Acceso do grupo A ás 16.10 h e do grupo B ás 17.10 h.

Escola Unitaria dos Dices-Rois. Acceso ás 18.20 h.

  • XOVES 22 DE DECEMBRO: BAILE DEPORTIVO EN ROIS

Pavillón polideportivo de Rois. Acceso do grupo A ás 15.40 h e do grupo B 16.40 h