Cartel para Rois da campaña de neve da Deputación da Coruña 2023

A rapazada que neste ano 2022 teña entre 11 e 15 anos, ambas as dúas idades incluídas, xa pode facer a inscrición para participar nos campamentos de neve organizados pola Deputación da Coruña na estación asturiana de Valgrande-Pajares. O campamento consiste nunha estadía dunha fin de semana, de venres a luns, nun albergue a pé de estación e inclúe o desprazamento dende unha cabeceira comarcal, a manutención, as clases de esquí e outras actividades. O prezo é de 85 euros, que se pagarán cando se confirme a praza.

Rois contará nesta campaña con cinco prazas para gozar da neve entre o 27 e o 30 de xaneiro de 2023. Para facer a inscrición é necesario cubrir o formulario que facilita a Deputación no tríptico da campaña e presentalo no Concello de Rois. O prazo remata o venres 16 de decembro e, no caso de que haxa máis solicitudes que prazas, procederase a efectuar un sorteo nos días seguintes.

Bases e formulario de inscrición nos documentos adxuntos. Máis información na páxina web de Deportes da Deputación da Coruña.