O Auditorio municipal acolleu esta fin de semana os dous concertos de solistas protagonizados polo alumnado e o profesorado da Escola de Música de Rois.
A veciñanza gozou cos recitais individuais dos diferentes instrumentos que están aprendendo a tocar
O sábado 24 foi a quenda dos intérpretes de vento madeira, vento metal, percusión e piano e o domingo 25 dos de corda fretada, corda punteada, piano e canto.
A variedade de pezas interpretadas polos oitenta alumnos e alumnas da ESMU foi dende obras de grupos como Mago de Oz, Metallica, Os Suaves ou La Oreja de Van Gogh ata composición de Schubert, Beethoven ou Händel.
As actuacións foron moi aplaudidas polo numeroso público que asistiu e confirmou as dotes interpretativas e os progresos na aprendizaxe das diferentes disciplinas de todos os participantes neste curso 2023/24.