Cartel Llega700

A activación no Concello de Rois do servizo móbil de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia 700 e 800 MHz dos principais operadores móbiles pode provocar incidencias na recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Estas redes chegan para mellorar a velocidade de conexión a Internet, cunha mellor cobertura no interior dos edificios e con maior extensión xeográfica. Con todo, a prestación de servizos móbiles nestas bandas de frecuencia pode conlevar a aparición de afectacións na recepción do sinal do TDT.

Para solventar estas afectacións, no caso de producírense, as persoas usuarias poden recorrer ao teléfono de atención gratuíto 900 833 999 ou á páxina web www.llega700.es.

Tras a notificación da incidencia, un técnico cualificado da entidade Llega700 desprazarase ao domicilio afectado e recuperará o sinal sen custo ningún.