O Concello de Rois, ante a baixa de última hora de varias persoas do profesorado, decidiu abrir unha convocatoria extraordinaria dirixida a persoas adultas que estea matriculadas na Escola Municipal de Música (ESMU) para participar na viaxe a Letonia que se vai realizar no mes de xullo.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o luns, 26 de xuño, ás 14.00 horas, para presentar a súa solicitude no departamento de Cultura, no edificio Multiusos de Rois, ou no correo electrónico cultura@rois.gal.
Para participar é necesario estar matriculado na Escola Municipal de Música de Rois no curso 2022-2023 e ter máis de 18 anos. En caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, terán prioridade aquelas persoas que participen nas agrupacións musicais da ESMU.