Máis de cincuenta persoas desfrutaron xa este sábado, 24 de xuño, da apertura da piscina municipal de Senra nunha primeira fin de semana de verán de moito calor.

As instalacións permanecerán abertas todas as tardes ata o 10 de setembro.

O horario ata o 15 de agosto abrangue dende as 16.00 ata as 21.00 horas e do 16 de agosto ao 10 de setembro entre as 16.00 as 20.30 horas.

A entrada é de balde.

Ademais destas instalacións, está tamén xa habilitada para o baño a praia de Seira onde a veciñanza e os visitantes atoparán un lugar onde refrescarse e mergullarse.