Rois volve poñerse no Camiño das Letras Galegas. Como marca a tradición, a música, o teatro, os contacontos e a poesía animarán o concello durante o mes de maio. Por suposto, as actividades estarán dirixidas á veciñanza de todas as idades e incluirán unha exposición no Edificio Multiusos adicada a Antonio Fraguas.

A música iniciará o programa do “Rois no Camiño das Letras Galegas 2019” o vindeiro venres 10 de maio con actuacións de grupos do concello e da redonda coma o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima, as Pandeireteiras de Ermedelo, as Cantareiras das Amas de Casa de Rois, ou as Repeniqueiras de Urdilde. Este “Serán da Lingua” reunirá á veciñanza no campo da festa e rematará cunha gran chocolatada.

Tampouco faltará un repaso á música contemporánea. O martes 14 de maio, no Auditorio Municipal, o grupo Zenzar fará unha pequena introducción á “nosa música contemporánea e o papel da muller nela” ante o alumnado de educación secundaria do CPI Plurilingüe dos Dices. Do mesmo xeito que o seguinte martes a agrupación Baobab Teatro visitará aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaira coa súa obra “Puño Puñete”.

O contacontos Paco Noguerias tomará o relevo o mércores 22 de maio na Biblioteca Pública Municipal, cun espectáculo para os nenos e nenas de educación infantil e 1º e 2º de primaria. Pero as letras terán todo o protagonismo o venres 24, cando o Edificio Multiusos de Rois acolla a visualización do telexornal “Antón Fraguas”, realizado polo alumnado do CPI Plurilingüe dos Dices, e se celebre a entrega de premios do certame artístico e literario, de relato breve e poesía. Quenes se animen a compartir a lectura cuns cafés porderán participar na solta de libros.

Co fin de maio chegarán as últimas celebracións do mes das letras galegas. As mañás dos días 31 de maio e 5 de xuño, os concertos “Axúdenme a cantar” e “Pobre Poesía” porán o broche final da programación cultural desta edición do “Rois no Camiño das Letras Galegas 2019”. 

Sen esquecer que ao longo destes días haberá unha exposición adicada a Antonio Fraguas, autor homenaxeado desta edición, no Edificio Multiusos do concello. Mais as homenaxes rematarán cando a veciñanza goze da viaxe, que aínda se está a ultimar, á terra do escritor para realizar o roteiro do Foxo do Lobo.

A continuación atópase o programa completo.