O pasado sábado 4 de maio celebrouse no Concello de Boimorto a final do Campionato Provincial de Badminton Escolar. Ata alí desprazáronse Sara Conde, Zaira Baliña e Eloi Fariña, xunto co seu adestrador Rodrigo Sanjurjo das EDM do Concello de Rois. Estes tres deportistas clasificáranse para esta fase final no torneo intercomarcal celebrado o pasado 24 de abril na Serra de Outes.
As dúas deportistas da EDM do Concelldo de Rois, acadaron a final na categoría alevín feminina e logo dunha final moi disputada, Sara Conde conseguiu vencer a Zaira Baliña, así pois Sara proclamouse campiona provincial e Zaira subcampiona provincial na categoría alevín feminina.
Finalmente nesta final provincial Eloi Fariña conseguiu o 9º posto na categoría benxamín masculino.
Parabéns a todos e a todas!