20190220 Rosalia Rois webO Concello de Rois celebrar mañá, xoves, o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con diversos actos no auditorio municipal, a partir das 20.00 horas. Esta actividade enmárcase nos actos do Día de Rosalía que promove a Fundación Rosalía de Castro, e que inclúen, tamén mañá na casa museo da escritora, a plantación do Carballo de Gernika.

Os actos en Rois comezarán ás oito da tarde, coa actuación da Escola de Música Municipal de Rois, que interpretará a ‘Alborada de Rosalía’. 

A continuación presentarase o número tres da Revista de Estudos Rosalianos ‘Follas Novas’, nun acto no que intervirán o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o director da publicación, Xosé Luis Axeitos, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo.

Para rematar estes actos, os asistentes poderán degustar un caldo de gloria, elaborado seguindo o poema ‘Miña casiña, meu lar’ da escritora, e levarán como agasallo unha cunca de barro.