José Ramón Vigo Ferradás (1º esquerda dorsal 54), de Dodro e con 80 anos, foi o participante máis veterano

“Un pelotón como o da Volta España”. Así cualificou algúns dos ciclistas o importante número de persoas que onte se animaron a participar no XVIII Día da Bibicleta de Rois. En total tomaron a saída 152 persoas diante do Concello, entre as que se atopaban o máis veterano, que volveu ser o dodrense José Ramón Vigo Ferradás, de 80 anos, e tamén o máis novo, Nicolás Souto Pan, con 25 meses.

O pelotón tomou a saída pouco despois das 16.30 horas para facer uns vinte quilómetros por diferentes localidades do municipio. Cando levaban un cuarto de hora pedaleando, unha forte tromba de auga pillou a comitiva en Seaxe, polo que a organización decidiu reducir o percorrido da proba a metade, levando aos participantes por Lamego, Seira e Oín ata regresar ao concello.

Despois da chegada á meta celebráronse a entrega de medallas a menores de 14 anos, os tradicionais sorteos de agasallos entre os participantes e o recoñecemento aos ciclistas máis novo e máis veterano, actos nos que participou o concelleiro do Goberno local Antonio Esparís. Os dous grandes premios da xornada recaeron en Sergio Oliveira, de Cordeiro, que resultou agraciado cunha cea para dúas persoas no restaurante Pedra Santa. Pola súa banda, Mateo Bralo, de Soutelo-Rois, foi o gañador da bicicleta, un premio no que colaborou o taller A de Mario. O concelleiro Antonio Esperís representou ao Goberno local durante

PPara o desenvolvemento da proba, o Concello de Rois contou coa colaboración de Protección Civil de Rois e de Padrón, Gadis, Restaurante Pedra Santa, taller A de Marios e outras casas comerciais que doaron regalos.