O folk e o amor pola natureza xuntaron a 750 persoas no Festival NaturFest de Rois

  • As actuacións de Pepe Vaamonde Grupo e de Virandeira pecharon onte unha xornada dedicada aos sons de raíz
  • Agrupacións tradicionais mostraron na carballeira de San Mamede a puxanza da canteira musical galega e local

Máis de 750 persoas participaron onte, sábado 28 de xullo, nas actividades do Festival NaturFest de Rois, co que a agrupación OCT Chorima e o Concello de Rois quixeron poñer en valor as tradicións culturais e a contorna natural do municipio. >