Xogadores do San Pedro (de verde) e do Buxán (azul) xunto con outros participantes no torneo despois de xogarse a final

 

O San Pedro adxudicouse onte o a decimo cuarta edición do Torneo Interparroquial de Fútbol 7 Concello de Rois grazas a un solitario gol de J.A. Carro nos últimos minutos do partido que o enfrontou na gran final ao Buxán.

O terceiro posto foi para o Santa María de Oín, que gañou claramente a final de consolación contra o Herbogo por 3 goles a cero.

Clasificacións 

As clasificacións finais do torneo quedaron do seguinte xeito.
Equipos: San Pedro (campión), Buxán, Santa María de Oín, Herbogo e Ribasar
Máximo goleador: Esteban Calvo (do Buxán)
Equipo menos goleado: Buxán
Equipos máis deportivos: Ribasar e San Pedro.
Dendeo Concello de Rois agradecen a todos os equipos participantes, así como ao CD Rois, por facilitar, dentro das súas posibilidades, a realización deste torneo.