30 de agosto de 2021
Faise pública resolución final para a contratación de 2 peóns/peoas de cara a completar a brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Rois.
A resolución final, que inclúe a puntuación dos méritos e entrevista, así como o resultado do recoñecemento físico e das probas físicas das persoas presentadas, pode consultarse no arquivo adxunto.
24 de agosto de 2021
Faise pública resolución coa corrección da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación de 2 peóns/peoas de cara a completar a brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Rois.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
23 de agosto de 2021
Faise pública a puntuación da entrevista e convócase para o exame médico e probas físicas ás persoas aspirantes ao proceso selectivo para a contratación de 2 peóns/peoas de cara a completar a brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Rois.
As probas médicas e físicas realizaranse mañá ás 11.30 horas.
20 de agosto de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación de 2 peóns/peoas de cara a completar a brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Rois. Fíxanse tamén as entrevistas das persoas aspirantes para o luns 23 de agosto a partir das 9 da mañá no salón de sesións do Concello de Rois.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
9 de agosto de 2021
Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación de 2 peóns/peoas para completar a brigada de prevención e e defensa de incendios do Concello de Rois, na modalidade de contrato laboral de duración determinada.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar o decreto de alcaldía coa aprobación das bases, así como as propias bases e o formulario de solicitude.