Venres, 22 de xullo
Faise pública a resolución definitiva do proceso de contratación de dous conductores/as de motobomba. O documento pode ser consultado no seguinte arquivo:
Mércores, 20 de xullo
Unha vez resoltas as probas no proceso de selección para o posto de conductor/a de motobomba, os aspirantes de maior puntuación quedan convocados á realización das probas médicas pertinentes o día 21 de xullo ás 08.00 da mañá na empresa Mas prevención (Rúa Galeras 34-36, Santiago de Compostela). Deben vestir roupa cómoda e presentarse en xaxún. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto.
Martes, 19 de xullo
O Concello de Rois fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo de dous/dúas condutores/as de motobomba, así como o nomeamento do tribunal cualificador e a data da entrevista persoal, que queda fixada para o mércores 20 de xullo.
A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto:
Sábado, 9 de xullo
O Concello de Rois fai públicas as bases para a contratación temporal de dous condutores de motobomba.
O prazo para presentar solicitudes é de cinco días hábiles a partir de mañá, domingo, día 10 de xullo.
Bases e modelo de solicitude pódense descargar no seguinte enlace: