Alicentis

Rois apórtalle ao GES de Padrón unha marcadora para eliminar niños de velutina

20191015 web Marcadora 2

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, que atende toda a comarca do Sar, leva retirados no concello de Rois 1.000 niños de velutina, e outros 500 no de Dodro. Co obxectivo de colaborar co traballo da agrupación e facilitar unha mellor e máis rápida atención da veciñanza para retirar as perigosas colmeas da avespa asiática, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregoulle esta mañá aos responsables do GES unha marcadora para eliminar as colmeas desta especie invasora. >

O Concello de Rois aposta un ano máis polas compañías galegas para a III Mostra de Teatro

A III Mostra de Teatro do Concello de Rois volve apostar polas compañías galegas de referencia. A fin de semana do 18 ao 20 de outurbo o auditorio municipal acollerá os espectáculos de Talía Teatro, Educa Teatro e Contra Producións. Ao contar cun aforo limitado, os interesados deberán recoller as entradas no edificio multiusos de Rois entre os días 9 e 17 de outubro. >