Alicentis

Convocadas as bases e as probas de selección para contratar 3 peóns/peoas forestais dentro do programa Aprol Rural

O Concello de Rois convocou e aprobou as bases para a contratación de 3 peóns/peoas forestais, dentro do programa Aprol Rural 2025, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia (procedemento TR351G).

A contratación, por un período de 9 meses a xornada completa, enmárcase nun proxecto de xestión de biomasa, limpeza de camiños e valorización forestal no termo municipal. >

Convocadas as bases e as probas de selección para contratar 3 peóns/peoas forestais dentro do programa Aprol Rural Leer más »

O Concello de Rois promove a concienciación veciñal coa celebración de charlas sobre a limpeza de fincas e a prevención de incendios

O Concello de Rois acolleu o martes 27 e o venres 30 de maio dúas xornadas informativas en Rois e Urdilde co obxectivo de achegar á veciñanza as obrigas legais e boas prácticas en materia de prevención de incendios forestais.

As sesións foron impartidas por unha axente medioambiental do Distrito Forestal IV do Barbanza, que explicou de forma detallada os aspectos máis relevantes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, especialmente os relativos á xestión da biomasa vexetal e á corta de especies incluídas na rede de faixas secundarias. >

O Concello de Rois promove a concienciación veciñal coa celebración de charlas sobre a limpeza de fincas e a prevención de incendios Leer más »

Cartel das actividades de xuño 2025 en Rois

Literatura, música, deporte e maxia na programación de xuño do Concello de Rois

  • María Losada presenta este venres 6 no auditorio o seu segundo libro, ‘El club de los neurodivergentes. Más que todo’
  • O día 19 clausúranse as escolas deportivas municipais con exhibicións en Rois e Urdilde, e o día 21 ábrese a piscina de Senra
  • O día 21 celébrase en Urdilde o xantar de fin de actividades municipais para persoas adultas

Literatura, música, deporte e maxia na programación de xuño do Concello de Rois Leer más »