O Concello de Rois organiza un curso de fitosanitarios de nivel básico e cualificado para colectivos vinculados co ámbito agrario, en risco de exclusión social e mulleres. A modalidade da actividade formativa será semipresencial e contará con 25 horas para o nivel básico e 60 para o cualificado. A inscrición farase de balde no edificio multiusos de Rois ata o luns 4 de novembro.
O curso de fitosanitarios está dirixido de forma prioritaria a persoas produtoras primarias e titulares de explotacións; persoal de empresas agrarias, alimentarias e entidades agrarias; persoas con expectativas de incorporación; persoas con situación acreditada de estar en risco de probreza ou exclusión social e mulleres e agricultores e agricultoras mozas.
A formación estará diferenciada segundo o nivel, de forma que o básico contará con 25 horas semipresenciais repartidas en 16 horas online e 9 presenciais, mentres que o cualificado terá unha duración de 60 horas (42 online e 16 presenciais). Para obter o carné, os interesados deberán realizar un exame presencial, dependente da Consellería do Medio Rural, ao finalizar a formación. Será requisito indispensable cumprir as esixencias da formación en liña para acceder a este exame e por conseguinte á obtención do carné de Fitorsanitarios.
As prazas do curso formativo son limitadas e a inscrición farase de balde no edificio multiusos de Rois ata o luns 4 de novembro. Para máis información, poñerse en contacto co 981 816 061.