Caldeira de biomasa multiusos de Rois

O Concello de Rois ven de pór en marcha a nova caldeira de biomasa instalada no edificio multiúsos para mellorar a eficiencia enerxética do edificio no que se sitúan tanto o auditorio municipal e a escola infantil A Galiña Azul, que verán mellorada as condicións de habitabilidade, sobre todo no inverno.

A nova instalación executouse ao abeiro da convocatoria de subvencións do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a proxecto de enerxías renovables térmicas. A inversión contou coa financiación da Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A nova instalación permitirá manter quente durante o inverno A Galiña Azul, o que redundará en beneficio dos máis de trinta nenos e nenas que acoden á escola infantil, e tamén do auditorio o do resto do edificio multiúsos. Nestas instalacións está situada a biblioteca municipal, a aula de informática (na que están traballando o alumnado do obradoiro de emprego Xuventude en Acción) e tamén diferentes aulas nas que se imparten algunhas das actividades que promove o Concello de Rois, como as clases de inglés.

Axudas caldeira de biomasa multiusos de Rois