Dende hoxe, martes 14 de setembro, e ata o 4 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición nas probas para o obtención dos certificados de lingua galega (Celta) nos niveis 2, 3 e 4. Os exames realizaranse en Santiago e en Ponferrada nos meses de novembro e decembro. As datas exactas publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG).
As persoas interesadas en facer as probas deberán cubrir o formulario de solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento PL500C; accede dende aquí). Na solicitude, indicarán a que proba ou probas queren presentarse e en que localidade.
O anuncio da convocatoria publicouse no DOG do luns 13 de setembro. Pódese consultar picando nesta ligazón.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rois.