O alumnado de 2º e 3º de Primeria do CPI dos Dices de Rois realizou esta semana unha visita ás instalacións municipais, como parte do traballo que están a realizar na materia de Ciencias Sociais sobre o medio social no que viven e os equipamentos municipais.
No edificio multiusos puideron visitar a exposición Artesanía e Camiño, na que participan as persoas artesás e artistas do municipio e que se poderá ver ata o 31 de outubro. A continuación, foron recibidos polo alcalde, Ramón Tojo, no salón de plenos do Concello. Os escolares trasmitíronlle ao rexedor local as súas inquedanzas e, ademais, cubriron unha instancia oficial para aprender a facer unha solicitude no Concello, á que se lle deu entrada estampándolle o selo de datas.
Podes ver máis fotos da visita escolar neste enlace ao Facebook do Concello de Rois.