Xurado do Concurso de Carteis do Santo Isidro Labrador 2026

O cartel de María Dolores Busto Beade foi seleccionado como imaxe anunciadora das Festas de Santo Isidro Labrador 2026 en Rois, tras a deliberación do xurado do concurso de carteis. A autora, veciña do municipio, convértese así na gañadora desta edición, nun certame no que se presentaron un total de 12 traballos.

O tribunal reuniuse este martes, 15 de abril, ás 11.00 horas, no edificio multiúsos de Rois. Estivo integrado por Noelia Picadizo Villar, titulada en Deseño de moda; Antonio Villar Rodríguez, fotógrafo profesional; e Mercedes Basante Ares, en representación do Concello e por delegación do alcalde-presidente, Ramón Tojo Lens.

A proposta escollida será a imaxe oficial das festas patronais, converténdose no elemento gráfico que anunciará a celebración nas vindeiras semanas. Como recoñecemento, María Dolores Busto Beade recibirá un premio de 200 euros.

O Concello de Rois destaca a participación rexistrada nesta edición e a implicación das persoas creadoras que tomaron parte no concurso, contribuíndo a darlle forma á identidade visual dunha das citas máis destacadas do calendario festivo local.