O departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois está a organizar unha convivencia en Ávila e Toledo para os días 26 e 27 de xaneiro de 2019 dirixida a mulleres maiores de 18 anos. As interesadas teñen de prazo para anotarse ata o xoves 17 de xaneiro.
Para inscribirse, as interesadas deberán ingresar 100 euros na conta que o Concello de Rois ten en Abanca e despois anotarse na oficina de Servizos Sociais de Rois, presentando copia do xustificante do pagamento e do DNI.
Antes de facer o pagamento recoméndase pedir información e consultar se hai prazas dispoñibles no Departamento de Servizos Sociais de Rois, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas, agás os mércores. Nesta ocasión, so se apuntará na oficina dos servizos sociais de Rois as mulleres interesadas en participar.
As prazas son limitadas e repartiranse por orde de inscrición. Dado que o concello non fará asignación de habitacións, cada interesada en participar, deberá indicar o nome da súa compañeira de habitación no momento de facer a inscrición (como máximo, admitirase habitación triple). No caso de habitación individual, a persoa que a queira deberá pagar o suplemento que corresponda.