Compostaxe doméstica en Rois

O Concello de Rois anima unha vez máis a toda a veciñanza a sumarse á campaña municipal de compostaxe doméstica coa fin de reducir a nosa pegada ecolóxica.

O Concello recorda que os residuos orgánicos representan practicamente a metade da nosa bolsa do lixo e que pon á disposición das persoas que o desexan composteiros e aireadores de uso doméstico, para que, coa única condición de ter un pequeno terreo, poidan aproveitar os seus residuos para facer compost de excelente calidade.

O composteiro pode reservarse nesta ligazón. Persoal experto acudirá ao domicilio e, ademais de axudar na instalación, ofrecerá algunhas claves para sacarlle o máximo rendemento.

As persoas interesadas poderán obter máis información chamando ao número de teléfono 647 521 464 ou enviando un correo electrónico a residuos@rois.gal.