20190518 ALI3354

Máis de 260 persoas de todas as idades tomaron esta mañá a saída do Xardín dos Recordos, xunto ao pazo do Faramello, para participar na segunda edición da Andaina do Santo Isidro. 

Os participantes percorreron 17 quilómetros coñecendo os fermosos paisaxes de Rois nunha proba de dificultade. Nesta andaina pasaron polo Faramello, Anguieira de Castro, O Sisto, Codesido, Francelos, Touriz, Meana e a praia fluvial de Seira, onde puideron repoñer forzas no posto de avituallamento. Seguiron despois por Oín, Barro, Antequeira e Infesta, para chegar ao campo da festa de Rois, onde estaba a meta.

Despois de recuperarse do esforzo, todos os camiñantes participaron nun sorteo de catro bonos regalos para facer compras na tenda Revolution de Ribeira, e tamén puideron visitar a feira de artesanía e produtos labregos, a exposición de animais de razas autóctonas e participar nos espectáculos musicais e talleres que se organizan durante a celebración da Feira do Santo Isidro.

Album de fotos no facebook do Concello de Rois (neste enlace)

 

20190518 ALI3358