Máis de 50 deportistas participaron este domingo 21 de xaneiro na sétima edición do Mushing Concello de Rois, unha das citas máis esperadas no calendario anual da Federación Galega de Deportes de Inverno.
A competición, que supón a segunda proba da Liga Galega, convocou en A Peruca a todas as persoas inscritas a partir das 8.30 horas, cunha primeira saída ás 10.00 horas que iniciou unha xornada chea de emoción e de deporte extremo.
As chuvias dos últimos días enlamaron moito o circuíto, o que lle dou aínda máis dureza á proba.
O alcalde do Concello de Rois, Ramón Tojo Lens, e o concelleiro de deportes, José Luís Ares Martínez, foron os encargados de entregar os trofeos aos gañadores das modalidades patín, canicross e bikejoring das categorías absoluta e infantil.
Os vencedores en bikejoring foron Marcos Otero, do club Acade, e Cristian Martínez (Kennel Den) mentres que na modalidade de patín os primeiros en cruzar a liña de meta foron Jacobo Corbacho (Acade), Roberto Salvado (Acade), Xavier Fernández (Zarkocan), Azeb Touriño (Kennel Den).
En canicross gañaron Jacobo Corbacho (Acade), Camilo Fernández (Zarkocan), Mónica Touriño (Kennel Den), Paula Otero (Acade), Xavier Fernández (Zarkocan) y Alba Buján (Acade).
Neste VII Mushing Concello de Rois destacou tamén a participación de dous atletas locais na categoría de bikejoring, Albino Mayán e Santi Rodríguez, este último cunha moi boa actuación que o situou terceiro na clasificación. A cativa Candela Bello, veciña de Seira, tampouco quiso perder a proba.
Enlaces de interese: