Juan Martinez

Unanimidade en Rois para continuar os trámites da depuradora e do PAI de Urdilde

A corporación de Rois acordou hoxe por unanimidade dos tres grupos políticos darlle conformidade ao proxecto de obra para a nova depuradora de Urdilde (redactado por Augas de Galicia) e solicitar unha subvención nominativa á Deputación para  rehabilitar a vella escola unitaria de Urdilde para crear un Punto de Atención á Infancia que facilite a conciliación laboral e familiar. >

Unha andaina solidaria inaugura o sábado 21 ‘Rosalía nos camiños’, unha senda inspirada na obra ‘En las orillas del Sar’

  • Anxo Angueira: “Con esta ruta podes evocar a obra de Rosalía. Ten interese literario, paisaxístico e histórico”
  • Os alcaldes de Padrón, Rois e Dodro relatan algúns dos lugares que percorre o roteiro e a vinculación coa vida e obra da escritora
  • José Conde fixo as pedras que sinalizan a senda e Camilo Seira deseñou a folla da figueira que se converte na imaxe da iniciativa
  • A inscrición está aberta na web de Emesports ata o 19 de maio, cun prezo de 3 euros para as persoas maiores de 14 anos
  • A recadación íntegra será doada á Asociación Amipa
  •  

Aprobadas as subvencións do 2021 para asociacións culturais, deportivas, veciñais e educativas

Fanse públicas as resolucións da Alcaldía e o acordo da Xunta de Goberno Local pola que adxudican as subvencións destinadas a asociación culturais, deportivas, veciñais e educativas, así como para actividades de reinserción social do ano 2021.

Os acordos de ambos órganos e o importe das axudas para cada entidade pódense consultar no documento adxunto. >

Ramón Tojo, José Manuel Cortizo e os técnicos visitan a rotonda de entrada a Rois na AC-301

  • O alcalde pedíralle a Aluminios Cortizo que executara a obra para mellorar a seguridade viaria na zona e agradeceulle o investimento
  • A infraestrutura costeada pola empresa mellora tamén os accesos a Seira, que contan agora con alumeado público led
  • A palabra ‘Rois’ recibe aos automobilistas que se achegan ata o municipio por este vial, que dá acceso á N-550 e á autoestrada