A organización da Andaina Bisbarra do Sar ofrécelle ao Concello de Rois 30 inscricións gratuítas para distribuír entre as persoas empadroadas que queiran participar na décimo quinta edición desta proba, que se vai celebrar o sábado 2 de abril.Para solicitar estas inscricións gratuítas, as persoas interesadas deberán enviar, ante do xoves 17 de marzo ás 19.00 horas, un correo electrónico a inscricions@rois.gal. No correo deberán indicar nome, apelidos, data de nacemento, idade, DNI, enderezo, teléfono de contacto e percorrido que se quere facer: completa (50 Km), 1º anel (16 Km en Dodro), 2º anel (18 Km en Padrón), 3ª anel (16 Km en Rois). Poden facerse tamén dous aneis.Farase entrega das inscricións por rigoroso orden de chegada dos correos electrónicos.Segundo informa a organización da proba, os menores de idade deben ir acompañados dun adulto. En canto ao nivel de dificúltate dos tres aneis, o primeiro é fácil; o segundo, medio alto, e o terceiro anel ten tamén dificúltate fácil.Para máis información pode chamarse ao teléfono do multiúsos 981 81 60 61 ou consultar a información, reglamento e percorridos da proba na páxina web da Andaina Bisbarra do Sar (preme aquí)