A música iniciou hoxe o programa do “Rois no Camiño das Letras Galegas 2019” con actuacións de grupos do concello e da redonda coma o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima, as Pandeireteiras de Ermedelo, as Cantareiras das Amas de Casa de Rois, ou as Repeniqueiras de Urdilde. Este “Serán da Lingua” reuniu á veciñanza no campo da festa de San Mamede e rematou cunha gran chocolatada.

O Concello de Rois inaugurou hoxe, ás 18.00 horas, o seu Camiño das Letras cunha tarde chea de música. O pasarrúas do Obradoiro de cultura Tradicional Chorima foi o encargado de comezar a troula, que dirixiu aos asistentes dende o local social, ata o Campo da Festa de San Mamede. Alí actuaron agrupacións musicais da contorna como as Repeniqueiras de Urdilde, a Escola Municipal de Baile Tradicional de Brión, as Cantateiras da Asociación de Amas de Casa de Brión, ou o A. C. Rosalía de Castro de Padrón cando a chuvia o permitiu.

20190510 Serán LetrasDa man destes grupos, soaron no municipio cancións tradicionais como a “Muiñeira de Folgoso”, a “Xota das Neves”, a “Rumba de Lira”, ou a “Foliada de Carramales”. Pero a celebración non rematou aquí, posto que como broche final houbo unha chocolatada para todos os asistentes.

Durante este mes de maio, Rois estará facendo o Camiño das Letras Galegas a través da música, o teatro, os contacontos e a poesía, como marca a tradición. O programa completo con todas as actividades que se organizarán de aquí ao 5 de xuño atópase na páxina web do Concello de Rois. As vindeira cita será o martes 14 de maio, no Auditorio Municipal, onde o grupo Zenzar fará unha pequena introdución á “nosa música contemporánea e o papel da muller nela” para o alumnado de educación secundaria do CPI Plurilingüe dos Dices.

Album de fotos no facebook do Concello de Rois (neste enlace)