20181217 Cabalgata webA rapazada de Rois pode reservar praza para participar na tradicional cabalgata dos Reis Magos, que se celebrará na tarde do sábado 5 de xaneiro. Aqueles nenos e nenas que queiran acompañar ás Súas Maxestades nun percorrido polo concello, repartindo lambetadas, regalos e sorrisos, deben anotarse entre o luns 24 de decembro e o mércores 2 de xaneiro no teléfono 981 804 109, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os menores de 6 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta.

Os Reis Magos percorrerán coma cada ano gran parte do termo municipal. A cabalgata comeza ás 16.00 horas en Infesta para pasar por Rois, Buxán, Sivarredonda, A Pereira, Leroño, Augasantas, Vilachán, Sabacedo, Figueroa, O Codeso e o colexio de Urdilde. Despois desta parada, sobre as 17.15, irá A CAlle, rotonda de Macedos, O Pumar, Quintáns, Liñares, Carrais, A Pontenova, A Peruca, O Cruceiro, O Casal, Seaxe e Sorribas, onde chegarán ás 18.30. Viaxarán máis tarde a Tourís, Francelos, Ribasar e O Sisto para chegar á Gandariña ás 19.00 e logo ir á Meana, Lamego, Seira e a Igrexa de Oín, onde realizarán unha ofrenda ás 19.30.

Ao finalizaren este percorrido, os Reis serán recibidos polas autoridades municipais no edificio multiúsos, onde entregarán agasallos a todos os nenos e nenas que asistan ao acto. O Concello de Rois organiza esta cabalgata coa axuda da Asociación de Veciños A Canteira de Leroño e a Asociación de Veciños Xuventude de Augasantas.