20181217 Cartel Teatro Babaluva TitaA compañía Teatro Babaluva representará este venres no Auditorio Municipal de rois, ás seis da tarde, o espectáculo Tita, unha obra para público infantil centrada na educación e na intelixencia emocional. A montaxe combina teatro de monicreques e actrices. A entrada ao espectáculo é gratuíta.

A función realízase en Rois a través da Rede Cultural da Coruña, e diríxena Nekane Fernández e Lucho Penabade, tamén autor do texto. As actrices Mirari Urruzola e Larraitz Urruzola son as encargadas de manipular os monicreques a través dos que se conta a historia de Tita, unha nena de oito anos que debe xestionar diversas emocións novas para ela. Na súa relación coa súa nai, na escolar ou co seu amigo Lucas, vive momentos de tristura, ledicia, medo e ira.

O espectáculo está indicado para público de 4 a 10 anos e dura algo menos dunha hora.