Educación, Cultura e Xuventude

Noticias relacionadas cos ámbitos de actuación de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Rois

Rois organiza dúas excursións en setembro á Costa da Morte e ao Salnés para a veciñanza

  • O día 15 coñecerán Muxía, Cee, Fisterra e haberá visita nocturna á fervenza do Ézaro
  • O 29 percorrerán Cambados e O Grove e haberá un paseo en catamarán pola ría
  • Os interesados deberán anotarse no concello e pagar a cota correspondente

O Concello de Rois está a organizar dúas excursións durante o mes de setembro para que a veciñanza poida coñecer algunhas das localidades da Costa da Morte, o día 15, e tamén da comarca do Salnés, o 29. >

A piscina de Senra permanecerá aberta ata o domingo 9 de setembro

O Concello de Rois manterá aberta a piscina municipal de Senra ata o vindeiro domingo, 9 de setembro.

Todos aqueles que desexen darse un baño e aproveitar o bo tempo prevista para esta última semana antes de que empecen as clases clases nos colexios poderán facelo nos seguintes horarios:

Lunes a venres: de 16.00 a 20.30 horas

Sábado e domingo: de 16.00 a 21.00 horas >

José Luis García (esquerda), Ramón Tojo e Manuel Cobas nunha das zonas xa limpas do Castro Lupario preto da muralla interior

Rois e Brión están a limpar o Castro Lupario para poñer en valor a fortaleza da Raíña Lupa

Os Concellos de Rois e de Brión están executando diversas melloras no Castro Lupario cun investimento próximo aos 24.000 euros. As principais intervencións do proxecto consisten na limpeza e na mellora da sinalización das rutas de sendeirismo próximas do castro, que ocupa máis de dúas hectáreas de superficie, con dúas murallas de protección, e está situado entre os dous municipios. >

Mozos de Rusia e sete comunidades españolas, no campo de traballo do Castro de Socastro

David Fernández Bella amósalles ao delegado da Xunta e ao alcalde a que se considera porta principal de acceso ao castro de Socastro

 

Un grupo de doce mozos e mozas procedentes de Rusía e sete comunidades autónomas españolas están a participar no campo de traballo internacional do Castro de Socastro, que ten por obxectivo poñer en valor este enclave celta que permaneceu habitado de xeito ininterrumpido ata o século V despois de Cristo.  >