Rois organiza unha excursión familiar ao parque de dinosauros Terra Nublar o 5 de setembro
- A actividade permitirá coñecer en Outeiro de Rei un espazo prehistórico con dinosauros animatrónicos a tamaño real
- A saída está dirixida a familias con menores e tamén poderán participar nenos e nenas a partir de 8 anos sen acompañamento familiar
- O prezo é de 10 euros por persoa e inclúe o transporte en autobús, a entrada ao parque e o seguro da actividade
- As inscricións poderán realizarse do 10 ao 28 de agosto e as prazas adxudicaranse por orde de recepción























