Rois homenaxea no San Isidro á centenaria María Sóñora e ao empresario Juan M. López Míguez

  • As triatletas Inés e Carla Castaño serán as pregoeiras da festa, que ten o seu día grande o martes 15 de maio cun xantar popular

  • Unha andaina, a feira de artesanía e produtos labregos e a exposición de maquinaria agrícola e animais de razas autóctonas centran o programa do sábado día 19

  • O domingo día 20 celébrase a ruta cabalar, que chega á súa décimo primeira edición

 

Rois. >

Curso de Manufacturas do Coiro

Finalizou o curso de Manufacturas do Coiro onde trece participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Viaxe cultural ao Salón do Libro de Pontevedra

Os nenos e nenas de Rois, de entre 1 e 6 anos, que participan nas actividades da Biblioteca, xunto coas súas familias, fixeron o mércores unha saída cultural ao Salón do Libro de Pontevedra, donde foron recibidos por Orbil (a mascota do salón). A continuación puideron ver o espectáculo “A ovella Engracia”, no que tamén participou o Seminario Permanente de Jazz. Esta viaxe cultural forma parte das actividades que organiza o Concello de Rois para conmemorar o Día do Libro.

Libros para sermos libres

Con motivo da celebración do Día do Libro, o Concello de Rois sumouse á campaña de solta de libros impulsada pola Deputación da Coruña. A biblioteca municipal acolleu onte a liberación de libros, obsequiando aos veciños e veciñas que por alí se achegaron cun exemplar.