Máis de trinta veciños e veciñas de Rois participaron o pasado sábado na excursión que organizou o Concello para coñecer a comarca do Salnés. Durante o percorrido, ademáis de visitar Cambados, o Grove e A Illa da Toxa, os participantes fixeron unha viaxe en catamarán pola ría para ver os fondos mariños e degustar mexilóns.

Mañá, sábado, celébrase a última das excursión programadas polo departamento de Cultura. Medio cento de persoas poderán gozar en Lugo das festas de San Froilán.