Día Internacional da Muller

Cartel Día da Muller 2026

O Concello de Rois conmemora o 8M coa entrega do III Premio 8M a Pilar Freire Esparís e un programa centrado na cultura e na igualdade

  • O acto institucional celebrarase o venres 6 de marzo ás 17.30 horas no Auditorio Municipal
  • A xornada incluirá a lectura da declaración institucional, a entrega de premios do concurso escolar de carteis e a proxección dun documental sobre Maruja Mallo

O Concello de Rois conmemora o 8M coa entrega do III Premio 8M a Pilar Freire Esparís e un programa centrado na cultura e na igualdade Ler máis »

Foto de grupo das premiadas e premiados no Concurso de carteis do Día da muller

Rois conmemora o 8M dándolle un especial protagonismo ás mulleres rurais do municipio

  • O acto conmemorativo do Día da muller celebrouse coa presentación do audiovisual 'Rois, m8ita muller'
  • O alcalde, Ramón Tojo, destacou que “as mulleres rurais foron pezas clave nos coidados e na educación, pero tamén na economía e nos avances sociais”
  • A concelleira Mercedes Basante foi a encargada de ler o manifesto do 8M, que incide na necesidade de igualar as condicións laborais e de apostar pola educación en igualdade
  • A entrega de premios do concurso de carteis e un espectáculo contra os estereotipos de xénero completaron a programación

Rois conmemora o 8M dándolle un especial protagonismo ás mulleres rurais do municipio Ler máis »

O grupo de pandeireteiras que interpretan 'Sororidade', nun momento da gravación do vídeo

Máis de 30 veciñas da comarca do Sar protagonizan o videoclip ‘Sororidade’ do CIM Terras de Iria polo 8M

  • O Auditorio Municipal de Rois acolle a estrea do vídeo o sábado 5 de marzo ás 12 do mediodía
  • Dez pandeireteiras de agrupacións folclóricas locais interpretan a peza musical creada por Jéssica Beiroa para conmemorar a efeméride
  • Unha ducia de mulleres de Dodro, Padrón e Rois e outras tantas figurantes acompañan a música coa súa interpretación xestual
  • Con este proxecto, o CIM Terras de Iria pon o énfase na importancia da solidariedade entre mulleres e do empoderamento feminino

Máis de 30 veciñas da comarca do Sar protagonizan o videoclip ‘Sororidade’ do CIM Terras de Iria polo 8M Ler máis »