Dous semáforos controlarán a velocidade na estrada AC-301 ao seu paso por Rois
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a obra para a instalación de dous semáforos que controlarán a velocidade na estrada AC-301 ao seu paso polo tramo urbano de Rois. Esta intervención foi demandada polo Concello de Rois e suporá un investimento de máis de 34.000 euros. >