Cartel Diververan Rois 2022

O Concellos de Rois abre hoxe o prazo de inscrición para familias con nenos e nenas escolarizados a partir de 3º de educación infantil, coa finalidade de fomentar a conciliación laboral e familiar durante o verán, con preferencia para as persoas empadroadas no municipio. Establécense catro quendas de quince días cada unha a partir do 4 de xullo.
A diferencia doutros anos, nesta ocasión a reserva de praza confirmarase unha vez entregado o formulario de inscrición debidamente cumplimentado (pódese cubrir neste enlace) e despois de remitir o xustificante de pagamento ao enderezo electrónico inscricions@rois.gal. En todo caso, o prazo para solicitar praza remata o vindeiro 31 de maio.
As actividades realizaranse en Rois e en Urdilde dende ás 9.30 ata as 14.15 horas, aínda que se establece un servizo de amencer que comeza ás 7.30 horas. As taxas aprobadas este ano contemplan prezos de 60 euros por quenda (100 pola matrícula de todo o mes), e 5 euros por quenda no servizo de amencer (1 euro por día solto). Haberá descontos do 25% para o segundo irmá ou irmán, familias numerosas e monoparentais.
Este ano haberá catro quendas, de luns a venres. Do 4 a o17 de xullo (quenda 1), do 18 ao 31 de xullo (a segunda), do 1 ao 14 de agosto (3ª) e do 16 ao 31 de agosto (a cuarta).
O pago da cota correspondente deberá facerse na conta que o Concello de Rois ten en Abanca: ES64 2080 0328 9631 1000 0060. A hora de facer o pago, as familias deben especificar o seguinte concepto: Diververán + nome e apelidos do menor ou menores. No caso das persoas que non estean empadroadas en Rois deberán agardar pola confirmación da praza antes de facer a pagamento (no Diververán 2022 teñen preferencia de inscrición as persoas censadas en Rois).