Podio júnior masculino

O Premio Ciclista do Santo Isidro Trofeo Suso Blanco Villar xuntou esta mañá en Rois a máis dun cento de ciclistas das categorías cadete, júnior (masculino e feminina) e elite-Sub-23 feminina, cunha ampla representación portuguesa, entre a que se atopaba a selección júnior feminina. Nesta décimo sétima edición o premio contou cun circuíto diferente ao habitual neste trofeo.

Afonso Falcao, do equipo portugués Landeiro, foi o gañador na categoría cadete (1:21:04), seguido do seu compañeiro de equipo Dimas Mata co mesmo tempo, e de Anxo Lorenzo, co C.C. Compostelano (1:23:07).

Na categoría feminina Alejandra Neira, co Cambre CC, foi a gañadora cun tempo de 0:59:20, seguida de María Coimbra, da selección portuguesa (1:02:19) e de Irene Signo, do Tenerife Bike Point, cun tempo de 1:02:19.

Categoría Cadete. Saída, paso intermedio e meta

Na categoría júnior feminina, o podio estivo copada por tres corredoras da selección portuguesa. Raquel Díaz e María Constança Marques (as dúas co mesmo tempo de 0:59:35) e de Bruna Gonçalves (1:01:52)

O Picusa Academy conseguíu os dous primeiros postos na carreira júnior masculina, na que se impuxo Lois de Jesús Guisante (1:40:31), seguido de José Miguel Barbosa, co mesmo tempo, e Tomás Pombo Álvarez (1:40:54).

Na proba feminina élite Sub-23 a gañadora foi Andrea Martínez López, do Team Farto, con 1:18:06, seguida de Julieta Venturella, do Maiatos, co mesmo tempo, e Paola Belén Silva, do Kiwi Atlántico (1:18:20).

Os premios especiais da categoría cadete masculina foron para Afonso Falcao (montaña e sprint especial) e Dimas Mota (metas voantes), e na categoría júnior masculina José Miguel Barbosa gañou os tres trofeos.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo; o concelleiro de Deportes, José Luis Ares, e o portavoz do grupo municipal popular, Antonio Esparís, e o presidente do Club Ciclista Padronés, Estanislao Vázquez entregaron os premios aos gañadores.

Categoría Júnior