23 de maio de 2024

Faise pública a resolución da alcaldía co nomeamento de tres peóns/peoas de albanel baixo a modalidade de contrato temporal de obra, así como as puntuacións totais obtidas polas persoas participantes no proceso de selección. As contratacións efectúanse ao abeiro do programa PEL-Concellos 2024 da Deputación da Coruña.

16 de maio de 2024

Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas para participar no proceso de selección de tres peóns/peoas de albanel baixo a modalidade de contrato temporal de obra, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2024 da Deputación da Coruña.

As persoas admitidas deberán presentarse o mércores 22 de maio no salón de plenos do Concello de Rois para facer as entrevistas a partir das 9.00 da mañá nos horarios que se establecen no documento adxunto.

8 de maio de 2024

Faise pública a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as na convocatoria para a contratación, laboral temporal, de tres peóns/peoas de albanel a xornada completa.

Establécese un prazo de tres días naturais para que as persoa excluída poida subsanar a documentación.

27 de abril de 2024

Fanse públicas as bases da convocatoria para a contratación, laboral temporal, de tres peóns/peoas de albanel a xornada completa para a realización de obras e servizos mínimos do Concello de Rois.  A convocatoria está financiada polo programa PEL 2024 da Deputación da Coruña

Utilizarease como sistema de selección o concurso-oposición, conforme ás bases do Programa PEL-Concellos 2024 da Deputación da Coruña.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude para participar neste proceso pódense descargar nos documentos adxuntos.