Servizos Sociais e Desenvolvemento Local

Convivencia de mulleres de Rois 2023

A convivencia para mulleres de Rois desenvolverase en Cantabria o 18 e o 19 de novembro

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois organiza un ano máis unha convivencia educativa para mulleres, que nesta ocasión se desenvolverá en Cantabria na fin de semana do 18 e do 19 de novembro. O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 30 de outubro ata o venres 10 de novembro, ámbolos días incluídos. >