A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia visitará Rois o venres 6 de outubro.
Entre as 16.00 e as 21.00 horas, a unidade móbil estará situada diante do Concello, onde poderán achegarse todas aquelas persoas que desexen colaborar e doar sangue.
Os interesados en facelo deberán levar consigo o seu DNI, esperar dúas horas despois do xantar para realizar a doazón e informar ao médico de se se está a tomar algún medicamento.
Para ser doante é preciso ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos.
Poder acceder a toda a información sobre a doazón premendo neste enlace .