O Concello de Rois recupera os Talleres de Memoria neste curso 2023-24. As actividades de estimulación cognitiva grupais están dirixidas sobre todo ao colectivo de persoas maiores coa finalidade principal de exercitar e optimizar a memoria.
Entre os obxectivos desta actividade tamén destacan o fomento das relacións sociais e a mellora do ánimo e da autoestima para evitar situacións de illamento.
No Taller de Memoria do Concello de Rois poden participar as persoas maiores de 50 anos empadroadas no municipio. O prezo para todo o curso é de 50 euros.
As inscricións permanecerán abertas ata o venres 22 de setembro. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación de forma presencial nos Servizos Sociais do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas ou ben telefonicamente no número 981 804 109 na extensión n.º 2.