Servizos Sociais e Desenvolvemento Local

Novo Programa Integrado de Emprego

20181112 PIE Terras de Iria V CartelOs concellos de Rois, Dodro e Padrón realizarán un novo Programa Integrado de Emprego. O Terras de Iria V terá como obxectivo a mellora da empregabilidade de 100 participantes.

Agárdase repetir o éxito acadado no programa deste ano, do que hai 43 persoas traballando, así como das edicións anteriores, onde máis do 50% dos participantes lograron un traballo. >

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de ata 400 euros complementarias ao Bono Social do Estado e evitar os cortes luz

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta convocatoria de concorrencia non competitiva para a que os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 15 de decembro, tanto de xeito presencial como telemático

  • Os apoios, que van dos 250 aos 400 euros anuais, están dirixidos aos consumidores con máis dificultades e garantirán un acceso continuado a esta necesidade básica

BonoSocialElectrico 1A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas complementarias ao bono social do Estado grazas ás que os consumidores máis vulnerables poderán evitar os cortes de subministración eléctrica nos seus fogares. >

En marcha os Espazos das Familias

O Concello de Rois ofrece ás familias con crianzas menores de tres anos a posibilidade de participar no programa Espazos das Familias, unha iniciativa que facilita o intercambio de experiencias e ferramentas educacionais. Trátase dunha serie de encontros que se realizan cunha periodicidade semanal e teñen unha duración aproximada de dúas horas. >

Veciñas de Rois poden participar no encontro de mulleres que organiza o CIM de Padrones

20180904 Panxon nova

As veciñas de Rois que queiran participar na xuntanza de mulleres que organiza o CIM de Padrón poden facelo anotándose antes do vindeiro luns, día 10, abonando a cota de 80 euros.

Organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellaría de Igualdade e Muller do Concello de Padrón, o encontro de mulleres celebrarase en Panxon os vindeiros 22, 23 e 24 de setembro. >