Dia da bicicleta 2022 en Rois

Nicolás Souto Pan, de 13 meses, e José Ramón Vigo Ferradás, de 79 anos, foron os participantes máis novo e más veterano dos que esta tarde participaron no XVII Día da bicicleta que organiza o Concello de Rois. A comitiva percorreu uns 20 quilómetros por diferentes parroquias de Rois nunha tarde soleada.

Dia da bicicleta 2022 en Rois

Ao rematar, coma todos os anos, houbo sorteo de agasallos. Aquí, os máis afortunados foron Marcos Santos García e o seu fillo Martín, de Angueira de Castro, que resultaron agraciados coa bicicleta e unha cea, respectivamente. Os maillots foron para Marco Rial Rodríguez, Manuel Vigo Eiras, Jonathan Álvarez Johnson e Aitana Carnota Blanco.

Xoán Curiel e A banda do Verán en Rois

Ao rematar o sorteo, participantes e veciñanza de Rois puideron gozar da actuación de. Xoán Curiel e A banda do verán, que ofreceron o espectáculo ‘Estamos no verán’.

O Concello de Rois contou coa colaboración de Gadis, Supermercados Froiz e Cultura no Camiño para a organización tanto do Día da Bicicleta como do espectáculo de Xoán Curiel.

Dia da bicicleta 2022 en Rois