Mércores, 22 de setembro de 2021

O Concello de Rois fai públicos os listados definitivos de menores de idade admitidos nas actividades socioculturais e escolas deportivas municipais para o curso 2021-22.

O listado definitivos, as indicacións e os horarios figuran no arquivo PDF que se pode descargar desde esta mesma nova

As clases comezan o luns 4 de outubro, e o período de proba e tramitación de baixas realizarase ata o venres 15 de outubro.

Na actividade en liña de xadrez, o profesor porase en contacto cos nenos e nenas participantes para acordar o horario.

As actividades que se suspenden definitivamente por falta dun número mínimo de persoas interesadas son:

  • Baloncesto en Rois e Urdilde
  • Atletismo en Rois e Urdilde
  • Baile moderno en Urdilde
  • Ximnasia rítmica en Urdilde
  • Tenis en Urdilde
  • Cociña en Urdilde
  • Contacontos en Rois e Urdilde
  • Arrorois
  • Informática en Urdilde
  • Multiobradoiro de arte e creatividade en Rois e Urdilde

Os horarios das actividades que se desenvolverán en Rois son os que figuran na seguinte imaxe

Os horarios das actividades que se desenvolverán en Urdilde son os que figuran na seguinte imaxe

Mércores, 22 de setembro de 2021

O Concello de Rois fai públicos os listados provisionais de menores de idade admitidos nas actividades socioculturais e escolas deportivas municipais para o curso 2021-22.

Dadas as restricións existentes por mor da covid-19, que están a cambiar semanalmente, aínda non están determinados os agrupamentos nas diferentes modalidades que se ofertan.

Dende hoxe  e ata o día 27 está aberto o prazo de reclamacións. Os listados definitivos publicaranse o día 29, e as clases comezarán o luns 4 de outubro.

Una vez iniciadas as actividades, as familias teñen de prazo ata o 15 de outubro para tramitar as baixas sen ter que aboar nada.

Actividades pendentes de matrícula

Hai unha serie de actividades que non teñen o número mínimo de persoas necesarias para poder desenvolverse.

O Concello mantén aberto o prazo de matrícula para estas actividades ata o día 27, para conseguir o número mínimo de asistentes para levalas a cabo.

As persoas interesadas poden cubrir o formulario da web (preme neste enlace).

As actividades nas que se amplía o prazo de matrícula ata o día 27 son:

  • Baloncesto en Rois e Urdilde
  • Atletismo en Rois e Urdilde
  • Baile moderno en Urdilde
  • Ximnasia rítmica en Urdilde
  • Tenis en Urdilde
  • Cociña en Urdilde
  • Multiobradoiro de arte e creatividade en Rois e Urdilde
  • Contacontos en Rois e Urdilde
  • Arrorois
  • Informática en Urdilde

O listado provisional de admitidos pódese consultar no arquivo para descarga que aparece na parte esquerda desta nova