A normativa de igualdade no ámbito laboral centrará un ciclo de dúas charlas organizadas polo Concello de Rois para os dous primeiros sábados de decembro. Os relatorios, que correrán a cargo do técnico municipal de igualdade Fernando Armendáriz e se desenvolverán no multiúsos, están dirixidas ás persoas responsables de empresas, de recursos humanos e traballadoras.

A primeira das charlas, programada para o día 3, tratará sobre as desigualdades salariais e as ferramentas legais dispoñibles para acabar con elas. A segunda, que terá lugar o día 10, abordará o acoso sexual así como as medidas que se poden implementar para axudar as vítimas da violencia de xénero e as existentes para facilitar a súa empregabilidade.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse antes do 1 de decembro mandado un correo electrónico a fernando.armendariz@rois.gal ou chamando ao 981 816 016. As inscricións son gratuítas.  

O Concello de Rois conta cunha subvención da Deputación da Coruña para a contratación do técnico de igualdade que desenvolve este programa.