Dous mozos de Rois levaron os principais premios que sorteou o Concello entre os máis de 140 participantes no XV Día da Bicicleta. Daniel Dios Mariño xa non ten escusa para seguir practicando ciclismo. Inés Castaño entregoulle a bicicleta de montaña que sorteaba a organización. Pola súa banda, Mateo Baleirón Tato non puido agachar a súa sorpresa e ledicia tras resultar agraciado coa cea para dúas persoas no restaurante Pedra Santa.

A entrega de premios foi o colofón a unha tarde dedicada a practicar deporte e a coñecer e gozar cos fermosos paraxes de Rois. Máis de 140 persoas, superando a cifra do ano pasado, tomaron a saída para percorrer os 20 quilómetros da ruta. Entre todos eles, Marco Maquieira Lens, dun ano, e Juan José Sánchez Lamas, de 65, foron agasallados por ser o máis novo e máis veterano entre os participantes.
Os máis pequenos e pequenas participaron na silla adaptada detrás de seu pai ou súa nai, segundo o caso. Houbo ata quen preparou un tándem para que a súa filla non se perdera esta oportunidade de gozar do deporte e da natureza.
Ao rematar a proba, o concelleiro Martín del Río e a triatleta Inés Castaño entregaron diferentes agasallos que se sortearon entre os asistentes. Agora, toca prepararse para a vindeira edición.

Pódese ver o album de fotos da proba no facebook do Concello de Rois (preme neste enlace)

 20180922 Dia Bicicleta rois Mais Novo