16 de maio de 2023

Fanse públicos os resultados definitivos totais do segundo proceso de selección para as prazas de docentes das ramas social e sanitaria correspondentes á especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais do Obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2022. Os resultados poden consultarse nos arquivos adxuntos.

9 de maio de 2023

Fanse públicos os resultados provisionais totais do segundo proceso de selección para as prazas de docentes nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (rama social e rama sanitaria) do Obradoiro dual de emprego “Comarca do Sar 2022”. Os resultados poden consultarse no arquivo adxunto.

21 de novembro de 2022

Faise público o resultado definitivo no proceso de selección para a praza de titora no Obradoiro dual de emprego “Comarca do Sar 2022”. O documento pode ser descargado nesta mesma páxina.

27 de setembro de 2022

Fanse públicas as valoracións definitivas das persoas aspirantes a conformar o alumnado do obradoiro dual Comarca do Sar 2022, así como os resultados das docentes nas ramas social e máis sanitaria. Os documentos poden ser descargados nesta mesma páxina.

26 de setembro de 2022

Fanse públicas as valoracións definitivas dos e das aspirantes aos postos de administrativo/a, arquitecto/a, director/a, docente especialista en albanelería e titores/as. Os documentos poden ser descargados nesta mesma páxina.

21 de setembro de 2022

Fanse públicas as valoracións provisionais totais das persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2022.

As persoas que así o desexen poderán presentar alegacións ata as 14.00 horas do venres 23 de setembro.

O documento cos resultados pode consultarse en arquivo adxunto.

19 de setembro de 2022

Fanse públicas as valoracións provisionais totais das persoas candidatas a docentes do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2022. Os documentos poden consultarse nos arquivos que se achegan.

14 de setembro de 2022

Fanse públicas as valoracións provisionais da entrevista para as e os profesionais docentes do obradoiro. Os documentos poden ser consultados nos arquivos adxuntos.

22 de agosto de 2022

Fanse públicas as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal directivo, docente e administrativo de apoio para o programa de emprego do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2022, un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e confinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía social, e promovido polo Concello de Padrón conveniado cos concellos de Rois e Dodro.

As citadas bases de selección poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.