A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2023, que se celebrarán nas instalación do Instituto de Educación Secundaria Rosalía Mera, na Coruña. Esta actividade está dirixida á rapazada nada entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014, é decir, a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos cumpridos no presente ano. Ao Concello de Rois concedéronlle 3 prazas na quenda que vai do 16 ao 21 de xullo. As inscricións deberán realizarse no Concello con data límite o 7 de xuño.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2023

  • Lugar: Instalacións do IES Rosalía Mera, rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña
  • Datas: Do 16 ao 21 de xullo de 2023.
  • Destinatarios: Rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano.
  • Programación: Actividades e xogos ao aire libre e nas instalación do instituto; deportes náuticos, xornada de Praia, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
  • Prezo: 85 euros.
  • Inclúe transporte interno, estadía, manutención e actividades.
  • Nº de prazas: 3. Teñen preferencia os nenos e as nenas que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. No caso de ser máis solicitudes que parzas, o Concello realizará un sorteo público diante do secretario.
  • Inscricións: Ata o 7 de xuño, no Concello de Rois

Máis información e folla de inscrición no documento adxunto