II Torneo de Xadrez Concello de Rois

Este sábado, 26 de marzo, ábrense as inscricións para que todas as nenas e nenos nados entre os anos 2008 e 2015 poidan inscribirse no II Torneo de Xadrez Concello de Rois que se desputará no Multiúsos o domingo 3 de abril a partir das cinco da tarde.

O campionato, que é clasificatorio para a fase intercomarcal do Programa Xogade que se resolverá o vindeiro 30 de abril en Boiro, contará con trofeos para os tres primeiros participantes clasificados, así como para a mellor xogadora ou xogador local. Os trofeos foron deseñados e elaborados por persoas con discapacidade intelectual integrantes da Asociación Amipa.

As inscricións, gratuítas, faranse entre as dez da mañá deste sábado e as oito da tarde do vindeiro xoves, 31 de marzo. Abonda con chamar ou mandar un whatsapp ao teléfono 633 447 674 e indicar nome, apelidos, data de nacemento e un teléfono de contacto da persoa participante.